“Medrade e multiplicádevos!” dixo un fulano unha vez… Pois por nós que non quede! Dámoslle a benvida a unha nova tecedora, Arentía!!!
Que cousiña linda… se ata semella que di “kaaaaauni” ;)
Para celebralo tecemos entre todas as Leriantas esta mantiña, con mención de honra a Tecela que tivo a santa paciencia de unilos todos…
Parabéns, Ana e familia!!









Ana quedou encantada coa manta… e Arentía tamén… :)) a pequena é unha monada, e moi interactiva xa para ter so 1 meseciño… E fixemoslle prometer á nai que vai facer por vernos máis a miúdo jeje
que bonita a nena :) e a manta tamén
Igual non me creedes pero é un dos agasallos máis fermosos que tivo Arentía.
Moitas grazas a todas!!!!!!
Prometido queda o de vernos máis a miúdo, alomenos mentras teña baixa ;)
Preciosa Arentía.
Noraboa Anavilat!
E ben feito, tecedoras ;)