Solo una nota rápida para dar la bienvenida a nuestras dos nuevas “adquisiciones”, Marieta y María, que han pasado a engrosar las filas de la sección santiaguesa… todavía no sabéis donde os habéis metido MUAJAJAJAJA
Publicado en El Telar de Ixchel | Etiquetado calceta, quedadas, tecedoras | 1 Comentario »
Quedada bizarra chamaríalle eu… porque pasaron cousas estrañas, moi estrañas…
CHAN CHAN CHAAAAAAAAAAAAAAN!!!
“Cómo dis??”
Pois iso, que chegamos ao garito onde quedaramos antes de que abrira, pandilla de tolas armadas ata os dentes de knitpro no medio do Pedroso… O pouco pudor que nos queda impedíunos botar abaixo a porta, pero en canto abriron… o panorama habitual:
E veña cafeses e tal e cual, e a ver quen di a burrada meirande… o de sempre. E non vai o camarero e nos pregunta que se tecemos por encargo? Pobre home, non sabía o que lle viña enriba…
Como tiñamos pensado facer un knitiffi (que frikis, oíches?) as máis responsables trouxeran algúns cadradiños. Outras puxéronse a elo e unha servidora encargouse da tarefa de xuntar aquel esperpento. SI! Dixen esperpento!!! Que outro nome se lle pode dar a semellante monstruosidade????
O chaval quedou encantado co seu aborto de bufanda… será daltónico ou algo deso (DECYER)…
Pero curro deu, eh? Ata tivemos que subcontratar un par de inmigrantas ilegais para rematalo:
Nunca adiviñaríades a quén nos atopamos cando marchabamos…
É Bob!! A mascota de Ravelry!!
Pola tarde baixamos á zona vella a tecer outro cacho…
Aquí xa parecemos máis normais, o de baixar do monte é o que ten…
Eu ata diría glamurosas!!!
Non me digades que non pasamos por celebrities… non?? Boh, que saberás ti…
Publicado en alfanhui14 | Etiquetado 4º quedada lerias e enredos | 6 Comentarios »
“Medrade e multiplicádevos!” dixo un fulano unha vez… Pois por nós que non quede! Dámoslle a benvida a unha nova tecedora, Arentía!!!
Que cousiña linda… se ata semella que di “kaaaaauni” ;)
Para celebralo tecemos entre todas as Leriantas esta mantiña, con mención de honra a Tecela que tivo a santa paciencia de unilos todos…
Parabéns, Ana e familia!!
Publicado en alfanhui14 | Etiquetado agasallo, bebe | 4 Comentarios »
As compañeiras de Lerias e Enredos xa teñen blogue!
Son a sección viguesa e chámanse Liantas da Ría!
Noraboa, rapazas!!
Publicado en alfanhui14 | Etiquetado liantas da ria, novo blogue, vigo | Deixar un comentario »
Pois resulta que Volvoreta atopou un sitio chulísimo que inauguramos hoxe como sede oficial de verán!
A verdade é que o Pazo de Adrán é precioso…
E alá estivemos coma sempre, tecendo e arranxando o mundo. Ademais tivemos celebración, que foi o aniversario de Lacami e truoxo un biscoito… mmmm…
Parabéns, rapasa!!!!!
Publicado en alfanhui14 | Etiquetado pazo de adrán, sede, verán | 9 Comentarios »
Esta vez en Vigo!
Por fin chegou a data sinalada e as Compostelas xunto coas luguesas (a ver se vos poñedes un nome, nenas!) fletamos un tren para dirixirnos a Vigo contentas como carrachas…
Non tardamos nin cinco minutos en sacar as agullas e darlle á calceta…que vicio!
Recolléronnos as Liantas da Ría na estación e leváronnos á súa sede: La Cúpula, onde empezou o intercambio de regaliños.
Que panda de tolas, eu creo que se escoitaban as gargalladas e os berros dende a beirarrúa de enfronte XD
En canto acabamos fomos correquetecorre a Mundo Lanas… había que ir, que se non algunha estoupaba :)) E alí non sei quen o pasou millor, nós dándolle a volta á tenda enteira ou as señoras da tenda, que se lles puxeron ollos de dólar cando nos viron entrar coma unha manada de mamuts en celo.
-Xa será menos!!!
Xulgade vos mesmos:
Normal, normal non é… non o podemos evitar, animaliños…. é que é ver esto…
… e alá imos coma leprosos a San Benitiño ;) (DECYER)
Cando salimos fixemos a foto para mandarlle ao mestre Dávila, que nos cedeu a viñeta para facer as bolsas das ajullas…
E xa fomos comer, e pola tarde…non me lembro, que fixemos? Darlle ás agullas e o peteiro, que cousa máis rara…
Case sen decatarnos nos deu a hora do tren de volta…
Fíxosenos curto! Moi curto! Xa estamos argallando a seguinte ;)
Publicado en alfanhui14 | Etiquetado quedada, tecedoras | 8 Comentarios »
Pensabades que non quedabamos? Pois si que quedamos, e moi a miúdo ademáis. Poñelo aquí xa é outro conto, seica da moita preguiza ;) Dende o último post argallamos moitas historias, algunhas se poden contar e outras é millor que non, que non dixen, que hai nenos diante!
O panorama habitual nas nosas quedadas é este:
Revistas, libros, agullas, lá, cafeses… que fai o celo ahí?? Eu que sei, igual a Martacv quería entrar no premio deste ano ao millor MacGiverismo…
Pero esta quedada era especial, tivemos unha nova incorporación! Coñecemos a Monikr, que veu toda tímida e colorada, pobriña, asustada debeu quedar de semellantes lerchas…
Pero apunta maneiras, non vaiades pensar, alí mesmo fixo a mostra e comezou un Shalom que lle vai a quedar estupendo, xa veredes. Benvida, Monikr!!
O resto seguimos na liña, cada unha con cadansúa paranoia…
E por suposto laretamos moito, que estamos desexando que chegue a 3ª Quedada Galega que temos en marcha, esta vez en Vigo. Todas andamos a voltas cos regaliños, a viaxe, e as amigas que veñen de visita e se botan xa moito en falta…
Pouco queda por dicir, así que…
Publicado en alfanhui14 | Etiquetado quedada | 4 Comentarios »
Non quería deixar sen comentar a última quedada que organizamos en Lerias e Enredos (ou “Leiras e enredos”, que dí Rastafari)
Esta vez reunímonos en Lugo, cidade que eu nunca visitara (de verdade???? siiiiii) e que me pareceu preciosa.
Quedamos na Cova da Terra, e repartimos os regaliños do swap. Creo que todo o mundo quedou contento, eu dende logo si :))) Antes de decatarnos xa era hora de comer, e as indíxenas leváronnos a un sitio (non lembro o nome) no que comimos ben e rapidiño, que hai que poñerse a tecer!!
Coñecimos ás novas, Fíos e LauraPombo, que xa son das nosas (MUAJAJAJAJAJAJA) e botamos en falta a algunhas tolas que non puideron vir…
Coma sempre foi un continuo de risas, conversas e agullas para arriba e para abaixo. Non deixa de sorprenderme que encaixemos tan ben un feixe de descoñecidas medio majaras… será por iso ;)
A próxima en Vigo!!!!
Publicado en alfanhui14 | Etiquetado calceta, quedadas | 3 Comentarios »
E ben…. máis vale tarde que nunca, aquí está a esperada crónica do friki tour laneiro a Madrid… jajaja…
Chegou o día e o trio tralalá (martacv, martameiga e alfanhui) colleu caminiño ao aeroporto para voar a Madrid onde nos esperaba a outra tola das lanas (mfonor), dispostas a arrasar con toda tenda de lanas que se puxera diante nosa.
Facía una calor de mil demonios, pero tras deixar as maletas no hostal, onde nos recibiron estos preciosos elefantes, botámonos a andar para quedar con mfonor e a nosa primeira parada foi, despois de comer , como non, a zona de Pontejos e Praza Maior donde tomamos un refresquiño esperando a que abriran as tendas.
¡Ahí imos! A por as lás.
En Pontejos… oh, meu Deus, cantísima cousa. Collamos número.
Ollo a escaleira…
E agora directas a El Gato Negro, que xa está abertooooo
¡Canta lá!
Aquí alfanhui volveuse tola de vez… jajajaja. Mirade para o cargamento de lá.
E agora, para o metro, cambio de zona, camiño de máis tendas.
Oh non, “El Punto” estaba pechado por vacacións… maldita sexa… ben, a lo menos os nosos bolsillos agradecérono…
Así que decidimos ir tomar una cerveciña fresca…


E aquí foi donde ocorreo o milagre milagreiro… Alfanhui chamou por teléfono a “De Puntillas” para ver se estaba aberto, despois da decepción de O Punto, non era cousa de chegar mañan alí e atopalo pechado tamén.
¡Sorpresa! Pechado, e tan pechado que acabara de liquidar a mercancía e estaba metendo todo en caixas, e xa non abría máis… Ohhhhh, que mala sorte… ¿ou boa? ¿Cómo? ¿Que dí que nos abre a tenda para nos se imos agora? Eran as 7 da tarde e pecha as 8… ay meu Deus, nenas apurade esas cervexas, veña, correndo para o metro. O soño de calquera tola en busca de lás. ¡Unha tenda en liquidación!
Chegamos aló coa lengua de fora… e mirade, así quedou “De Puntillas” despois de que arrasasemos con ela, jajajaja.
O pobre do rapaz estuvo con nós ata as 9 da noite, nunca pensou que le podía pasar tal cousa, jajaja, ata nos invitou a tomar una cocacola jajaja
Buf… qué cansancio, imos para o hotel a descansar que xa non podemos máis….
Á mañán seguinte, como non quedamos satisfeitas despois de desvalixar una tenda enteira decidimos ir a “El Corte Inglés” de Preciados, a visitar o corner Rowan… e como non, caemos na tentación de novo…
“Mi tesorooooo”….
E agora que tal un xelado…. mmmm
E despois a comer e a tomar unhas cañitas…
… que queda pouco para ter que subir ao aeroporto….
¡¡¡¡¡¡A ver se nos caben as lás nas maletas!!!!!
¡E cabían! jajajajaja…. déixovos co meu alixo….
Xa estamos a argallar un novo frikitour, a ver que se apunta….
Publicado en martameiga | 7 Comentarios »


























































